viernes, 2 de abril de 2021

A IMPORTANCIA

    A IMPORTANCIA

Día número oito.

Cone xa se sentía máis afouto ao saber que Felix os acompañaría.

Puxo o ollar en Carmen e Luis, Luis seguía coa teima de que era de tolos voltar a ese sitio, pero Carmen ao final mudou de idea, indo de día atrevíase.

Ana ollou pra Luis, con cariña de pena e ollar compasivo.

Veña Lu...so quedas tí, anímate, imos xuntos non pasará nada.

Fíxose silencio e Luis sentíuse intimidado polos ollares de súplica dos seus compañeiros, finalmente moi a contra da súa vontade cedeu e alá se encamiñaron a casa do Pejo.

Mentras; no cuarto de Cone, Candeíña lía no cuaderno.

Mira que escribe ben o tipo (dícese pra os seus adentros mentrás le) debería publicar, teño lido libros que con moito menos ata obteñen premios, e logo saen nese rectángulo que eles cháman televisor. Teño  que facer algo pra animalo (colleu o lápis da cesta e pasou a última folla escrita.

Falade máis baixo, non sabemos con qué imos atoparnos, decía Cone cando estaban xa no eido do Pejo. Ia diante e foi o primeiro en enmudecer...fixo aceno os seus compañeiros pra que se achegasen, e toda/os viron o acontecido.

A casa era grande, toda de pedra traballada, dentro era madeira, tiña dous andares e unhas fermosas escaleiras das que Cone estaba prendido, todo se desprendera e quedara nun monte de lixo, un silencio abafante pesou no lumbral da casa.

Foi Luis o que rompeu o silencio. 

O estrondo daquela noite era isto.

Menos mal que non nos pillou dentro (dixo Ana).

Sairon cara o camiño e sentaron a  carón do muiño, cada quén, máis apenada/o.

Aquí non  pintamos nada (dixo Carlos) vamos a praza botar unhas canicas.

Unha vez no seu cuarto, Cone tira a mala nunha esquina e senta no escritorio con intención de escribir sobre o longo día pasado. A súa faciana non saia do asombro cando na última folla escrita le: publica o que escribes, publica o que escribes, escribe, escribe, escribe, publica...

Pecha o caderno e torna abrir, pensando que o cansancio lle estaba xogando un mal momento, pero non, segue lendo o mesmo, toda unha folla con: publica o que escribes etc non atopaba explicación, non se explicaba quen podería escribilo, no seu cuarto so entraba súa nai, e ela non foi, seguro, xa non tiña cabeza pra escribir, pechou o caderno e meteuse na cama...



sábado, 30 de enero de 2021

A IMPORTANCIA

 A IMPORTANCIA


2° Día.


Os días pasaban, Candea seguia triste e sen alumear, só alumeaba en momentos concretos do día, onde deixaba de pensar que a súa luz non chegaba onde ela pretendía ou quería.

Nun deses momentos de máxima animación moral, a súa chama iluminou o lugar ata que puido ver a porta, estaba aberta, achegouse, con pouca decisión pero con moitas ganas e ilusión de ver que había do outro lado.


Seguimos? Seguirá...

Segue sen nome, pero xa ten padriño, noutro momento o nome sairá. Jeje

Feliz vida, que nunca vos falte a chama na candea...

 Sonia Melón Parente

A IMPORTANCIA

 A IMPORTANCIA


Estaba alí, a luz da candea con tan pouca chama, tan pouca que ata a chama de todas as outras non deixaban ver a súa existencia.

Ás veces ata ela mesma optaba por deixar de respirar ata que a chama se apagaba. Uns días quería brillar, brillar tanto que non lle importaba a luz que xa había no lugar, pero cando se sentía insignificante, tornaba apagarse. Un día, alguén entrou no lugar e foi collendo os candieiros que mellor alumeaban, cando chegou o rincón da candea pequena apartouna dunha patada. Alí, naquel cuarto oscuro quedou ela, soa, e... agora si que deixou de respirar. Non volveu acenderse do triste que estaba...


Esta historia vai continuar, a candea terá nome, e para saber o que lle vai pasar ou pasou, temos que esperar, irei escribindo sobre a marcha.


Sonia Melón Parente

O DESORDEN DE CLAUDINA

   O DESORDEN DE CLAUDINA

Continuación...

Bueno, como xa sabedes, Claudina é moi ordenada, inda que nada deixa no sitio.

O día que quería semear verzas tivo que semear millo, pois, no sitio da semente das verzas, estaban as chaves do canastro, ha ha ha.

Bueno, imos falar un pouco de Claudina.

Vive soa, decisión propia, as condicións que a vida lle puña pra compartir a súa vida, nunca lle convenceron. Non se arrepinte, e cando quere compaña convida algunha amiga ou algún amigo a merendar, fai unhas empanadas de cogomelos que sacan a respiración, o seu café é único, cando a cafeteira avisa o seu arrecendo chega o portelo, e as súas filloas, non comes máis por non sair a revolos senón non parabas.

Está xubilada, foi dependenta dunha libraría en Suíza. Agora vive en Ourense, a terra que a viu nacer, acomodou a casiña que lle deu a súa avóa materna, chamada Claudina coma ela. A casa non era moi grande pero si moi acolledora, aprobeitaba cada recuncho pra poñer un andel con libros, e as xanelas todas estaban pensadas pra aprobeitar a máxima luz do día. A que máis lle gustaba a Claudina era a da sala de estar, donde ela tiña unha cadeira pra ler, aparte tiña unhas vistas cara a Ribeira Sacra impresionantes, alí Claudina podía pasar as horas da súa vida e nada envexaba de ninguén. Tiña unha irmá, chamada Otilia, felizmente casada con Rogelio, na Cañiza, e dous sobriños, Ana e César, ós que Claudina adoraba. Sempre que a visitaban, Claudina disfrutaba dando paseos polo borde do río contándolles as súas vivencias en Suíza. César e Ana tamén adoraban a súa tía, a súa casa, o seu desorden, as vistas dende a xanela, as súas historias e as súas merendas, sempre rematadas coa lectura dalgún escrito que ela sempre lles tiña preparado cando viñan. César tiña sete anos e Ana cinco. Era Domingo e estaban felices, ían visitar a tía Claudina. Ana deseñáralle unha paisaxe con flores e un río a través, pra ofrecerlle o chegar e César, collera do xardín da mamá unha fermosa camelia vermella. Mentras Claudina tiña unha bica no forno e unha nova historia pra ler...

Continuará.

María Sonia Melón Parente






jueves, 17 de septiembre de 2020

O DESORDEN DE CLAUDINA

  O DESORDEN DE CLAUDINA


Claudina pásase a vida recollendo, limpiando, ordenando. Ainda que despois o único xeito de atopar algo  e desordenalo todo, nunca se lembra de donde deixa nada, pode atopar unhas medias no frigorífico, o mando da tv cos cubertos...un día precisaba a semente das verzas e no plomo delas estaban as chaves do canastro que tanto andou trás delas. Agora falta saber donde están as sementes...

 María Sonia Melón Parente

domingo, 27 de octubre de 2019

Décima parte

  INQUEDANZAS DE SARA

Sara pasou o resto da tarde remexendo nos andeis de Martiño.
Non era doado decantarse, todos pedían ser collidos.
- Levo este Martiño, xa está.
- Moi ben Sara, agora queda disfrutalo... por certo, que tal o principiño?
- O principiño moi ben, pero ainda non rematei, seguro que remato hoxe así comezo este.
- Sara, nunca te apures lendo, disfruta a lectura.
Sara colleu ( A lagoa das nenas mudas de Fina casalderrey) e foi toda contenta pra casa.
Polo camiño pensaba en Martiño: ese home tiña algo especial, afable, solitario... Sara preguntáse porque non casaría...

Manuel, xa integrado na escola e no pobo traballaba cada día pra crear comodidade e ganas nos cativos.
Polas tardes quedaba ata tarde con Martiño pra poder converter unha aula chea de trastos en unha soñada biblioteca.
Martiño era moi mañoso e en pouco tempo acadaron o esperado.
Duas paredes cheas de andeis pra encher de soños e aventuras.
Manuel presentou a biblioteca os rapaces, alguns pasaron do tema porque o balón esperaba no patio, pero a maioría sorprendentemente puxeron interese.
Manuel trouxo algún libro que conseguiu

 falando con Carlos o Alcalde e Martiño cedeu varios tamén con moita ilusión.
O principio estaba en camiño, agora tocaba organizarse pra levala a diante.

Continuará

  María Sonia Melón Parente





domingo, 7 de julio de 2019

CONVERSAS CONMIGO MESMA

7/7/19

Conversas conmigo mesma

Hoxe e o día das miñas, das nosas das letras galegas, 17/5/19 adicadas a Antón Fraguas.
Enterome que no concello inauguran casetas de libros para ler e deixar, ou pra levar un e trocar por outro. Hai catro en total, parque do cocello, Praza Maior, parque Perillana e Ferro-Ucha.
Bueno, pois entrame a curiosidade e comenteillo a dous nenos que tiña conmigo, fomos a miña librería e escollín tres libros que podia trocar, deille un a cada un pra que trocasen por un pra eles e evidentemente o outro ia trocalo eu, alá fumos, eles tardaron en decidirse pero eu no primeiro visual atopeime con:
Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, non dubidei nin un intre en que ia trocar por ese e así foi, facia tempo que lle tiña ganas e chegou o memento, teño que lelo por fin...
Hoxe terminei de ler, non podo estar máis contenta nin satisfeita. Unha lectura de 10.
Curiosidades da vida que e digo isto con toda a humildade do mundo, síntome identificada con Balbino o protagonista en moitas cousas, sobretodo no final donde di que ten conversas consigo e que as puña nun caderno, tal cual, que pasada...
Anotei unha frase ten moitas e boas pero anotar anotei esta:
A XENTE QUE NON FAI TRABALLAR O MIOLO DEBERÍASE ANAGAR E IR POLO MONTE ENRIBA DE CATRO PATAS. Moi bo!
Feliz vida pra todo/as.

domingo, 16 de diciembre de 2018

novena parte

 INQUEDANZAS DE SARA

 A Casa de Martiño
Martiño presentou a Carlos, o alcalde e a Manuel, quedara con él o luns para falar da biblioteca.
A Manuel causoulle boa empresión Carlos, e estaba ilusionado conque unha biblioteca en Sada, non fose so un soño de Martiño.

SARA! tes que ir ao souto buscar ás ovellas, berra, Uxía.
Sara baixou nun pulo e, ala foi. 
Cando chegou atopou a Martiño que ía con auga da fonte, podían beber a da traída pero na casa gustáballe moito a auga fresquiña e o sabor que tiña a da fonte das <<Fontiñas>>.
Boas tardes, Sara, vas polas ovellas?
Boas, Martiño, si, vou.
Estiveron falando un bó anaco, pero Sara despediuse porque si se demoraba moito, Uxía encomodábase con ela.
Martiño combidara a Sara un día a merendar e de paso enseñáballe os seus andeis de libros. Sara aceptou coa ledícia na súa faciana, cousa que non podía ocultar. Facíalle moita ilusión ver os libros de Martiño. Sempre e agradable atoparse con Martiño e a súa conversa é moi amena.
Cando chegou a casa atopou a nai collendo leña. Lúa como sempre, agarimosa, deulle unha aperta e foron cara á casa.
Martes pola tarde, Sara rematara ás tarefas, era a tarde de merendar na casa de Martiño.
Ola, Sara, que ben que puideras vir, entra e ponte cómoda en seguidiña traio a merenda.
Martiño indicoulle unha sala e convidouna a sentarse nunha fermosa silla cun tapizado fermoso, feita dunha madeira de carballo cuns retorneados dos que Sara se namorou a primeira vista.
A merenda estaba exquisita, un zume de laranxa feito por Martiño, pan da feira que Sara adoraba, tetilla e mermelo feito tamén por él e por último, filloas.
Moitísimas grazas por esta merenda Martiño, estaba todo moi bó e saboroso.
Grazas a ti, Sara, pola túa compaña. Si che parece imos ver os libros e si che gusta algún, podes levalo para ler e logo tráesmo, paréceche?
Dismo en serio? de verdade podo levar algún?
Claro que cho digo en serio, se che interesa algún, cólleo...

continuará.

jueves, 17 de mayo de 2018

Oitava parte

INQUEDANZAS DE SARA

Oitava parte

Manuel, pasou lista para ir familiarizándose cos seus nomes.
A mañá pasoulle nun pulo e decatouse que tiña moito que facer nesa aula e, estaba cheo de ilusión e ganas.

Domingo, son as 9:30 da mañá, Martiño entrou en (ONDA SEMPRE) o bar do pobo.
Ia Martiño sentar no seu recuncho para pedirlle a Nieves o zume de laranxa, pan con manteiga e café, cando se sorprendeu ao ver o sitio ocupado por un descoñecido,  e máis, ao velo lendo nin máis nin menos que: (Que non te aten) de Manuel Iglesias Turnes.
Martiño non puido evitar falarlle.

Bos días, está vostede de paso?

Manuel que estaba absorto na lectura, interrumpíuna pra contestar a Martiño.
Bos días, son Manuel o mestre que vai sustituir a Esther durante a sua baixa.
Disculpa, non me presentei, son Martiño. Ben vindo espero que teñas boa estancia, moi boa elección.
Dixo Martiño ollando ó libro, xa o lin, gustóume moito e, (As rapazas de Xan) dél tamén.
Si, coñezo, tamén lin, apetéceche tomar asento aquí e seguimos conversando? dixo Manuel e, non se errependiu sentíuse moi agusto conversando con Martiño, tanto que a ambos se lles fixo corta a mañá. Despedíronse e Manuel convidou a Martiño a pasar unha tarde pola escola, estaba seguro de que Martiño sería de moita axuda.

Sara ia para a cama aprobeitando cada segundo que Uxía lle deixaba a luz prendida para ler, sempre quedaba coas ganas de seguir, pero Uxía, estaba pendente de que apagara a luz.

Martiño atopou a Manuel correxindo as redaccións que lles pedira a/os rapazas e rapaces.

Grazas por vir, Martiño, aprobeitando que estás xa che pregunto a ti, por si sabes, onde queda a biblioteca? Dende que cheguei estiven dando voltas polo pobo e non atopei.
Nen atoparás, non temos.
Que dis? Non hai biblioteca? Non me amoles, estarás de broma.
Xa me gustaría estar de broma xa, é a verdade, tampouco hai aquí na escola.
Diso tamén me decatei, pero aquí terei facer algo, Martiño, axudaríasme?
Por suposto, será un pracer pra mín axudarche niso.

Pra Martiño foi un cúmulo de novas sensacións, ver en Sada unha biblioteca sería un soño feito realidade...

Continuará.
Sonia Melón.






jueves, 1 de febrero de 2018

Séptima parte

    INQUEDANZAS DE  SARA

O NOVO MESTRE

Sara subiu ao seu cuarto, puxo fecha no papel do envoltorio e gardouno con moito xeito no seu baúl.
Despois ía gardar o libro pero, deulle por abrilo, e no reverso da tapa, atopou o escrito de Martiño:

Querida Sara, espero que este libro sexa o primeiro de moitos que poidas ter. Que nunca se deteñan as túas ganas e ansia por ler. Desexo que os teus soños se cumpran e sempre haxa en ti inquedanzas para seguir viva, Con moito cariño, Martiño.

Cando Sara terminou de ler, as bágoas percorrían a súa faciana.
Xa recuperada de tanta emoción, baixou para comer, xa chegaran Xan e Uxía.
A comida como sempre, estaba boísima, pero só Martiño foi quen de felicitar a Lúa. 
Cando remataron, quedaron falando durante a sobremesa e mentres, Sara foi ao souto brincar con Breixo, que alí a esperaba, como facían tódolos domingos.
Breixo xa chegara e estaba sentado no penedo, un penedo gastado con forma de tobogán polo que ela/es escorregaban e sentaban a soñar.
Sara, sen mediar palabra, sentou ao seu carón e comezaron a soñar espertos.

Sara, que che gustaría facer cando sexas maior?
Uff, tantas cousas, Breixo, poder viaxar moito, iso sí o teño seguro.
A onde?
A tódolos sitios posibles, cantos máis mellor.
Pois, a min, tamén me gustaría e, gustaríame ir contigo si a ti non che incomoda.
Como me ía incomodar? claro que iremos xuntos. Ademáis, és o meu mellor amigo.

Breixo quedou calado e pensativo. Para él Sara non era só a mellor amiga, era algo máis, pero non se atrevía a dicir nada, polo menos de momento. A amizade de Sara era moi importante para él e non quería estragar iso, polo que tiña medo a dicirllo e que as cousas entre eles cambiasen.

Breixo, segues aquí? ou marchache?
Que foi, Sara?
Nada, quedache mudo.
Pensando, nada importante. Entón, iremos xuntos de viaxe?
Feito! respondeu Sara.

Chocaron a mán, pra que a súa promesa tivera valor, como sempre facían.
É luns, pero hoxe non é un luns calquera, hoxe hai cambio na escola. Soa o timbre e entran tóda/os ao montón. Cando chegan a aula estaba un home, un home alto, con cara sorrinte e un ollar pacífico.
Bos días, rapaces e rapazas, son Manuel, o voso mestre apartires de hoxe. Esther, a vosa mestra, vai dar a luz en poucos días e ausentarase unha temporada.

Seguirá.

                                                                     Sonia Melón

martes, 26 de diciembre de 2017

Sexta parte

        AS INQUEDANZAS DE SARA

SESTA PARTE.

Martiño saiu da escola triste e bastante desanimado.
Esther fÍxolle lembrar a Antonio o paspón do pai, que cando eran rapaces e ían a escola, xa se daba aires de riqueza e creíase máis que os demais.
Tamén se lembrou de Sara, normal que a rapaza non falese da escola con máis entusiasmo.
Martiño baixou as escadas e atopou a Sara, estaba comendo o bocadillo sentada no banco de madeira que había na entrada.
Bos días, Sara, bo proveito.
Bos días, Martiño, grazas, ti pola escola?
Viñen falar coa mestra dun asunto, agora marcho que teño que marchar.
Cando Martiño chegou ao tractor, atopouno rodeado de rapaces con cara de curiosidade.
Deulle os bos días e marchou rumbo a casa, cabilando como podería facer. pasou a semana e Martiño ainda non falara con ninguen.
Era domingo, Martiño tomou baño, afeitouse, puxo a mellor camisa que tiña. Hoxe estaba convidado a comer na casa de Sara.
Cando chegou so viu a Lúa e a Sara, Xan e Uxía non tardarían en chegar.
Bos días Lúa, bos días Sara.
Bos días Martiño, dixeron as dúas ao unísono. Con un sorriso e cheas de ledicia, a presenza de Martiño sempre era agradable.
Convidarono a pasar e xa dentro deulle a Sara un paquete que traía.
Toma, Sara isto é pra ti, espero que che guste.
Pra mín? porqué?
Porque sí, é un cariño.
Grazas Martiño, non tiñas porqué traer nada, dixo Lúa
Eu sei, mais quería, nada muller, e só un pequeno detalle.
Sara xa non aguantaba máis as ganas de abrir ó paquete, pero antes preguntou:
E esta bolboreta? pintáchela ti?
Si claro, pinteina eu.
Grazas Martiño e fermosa.
Dicía Sara mentres abria ó paquete.
Un libro!! mái e un libro!! un libro!!! berraba Sara emocionada cos ollos cheos de bágoas de emoción ao mesmo tempo que se colgaba no Martiño para darlle unha aperta que case o deixa sen aire. Dando un pincho colleu o papel e o libro e subiu correndo ao seu cuarto.
Continuará...


     Sonia Melón Parente




jueves, 14 de diciembre de 2017

Quinta parte

AS INQUEDANZAS DE SARA

Martiño, chegou a Mondariz e deixou o trator no largo da plaza. Ia visitar a Maria Hortensia López López, a librería, e de paso mercar un libro.
Boas tardes, Hortensia: quería un libro para unha rapaza de 11anos, dame un que ti vexas, fíome do teu criterio.
Boas tardes, Martiño.
DÍxo Hortensia remexendo nos andeis.
Éste, con éste seguro que acertas e, se o ten repetido ou non lle gusta cámbiase.
Gustar non sei, pero ter non o ten seguro.
Martiño pagou o libro co diñeiro de Xan e ainda lle sobrou.
Marchou para á casa e colleu un bocado de papel dun saco de fariña, os sacos estaban compostos por tres capas, él colleu un bocado dun do medio con él embalou o libro e, diseñou unha fermosa bolboreta de cores, antes puxera unha dedicatoria no reverso dunha das tapas.
Por certo sabía que a elección de Hortensia non o defraudaría e así foi.
( El Principito) a él gustáballe moito e, case seguro que a Sara tamén.
Sara axudou a Lúa recoller a cociña, e como cada tarde foi con Breixo o pastizal coas ovellas.
Sempre na compaña de Tuti.
Ese momento do día, gustáballe moito, a conversa de Breixo era moi amena e Sara non se sentía diferente.
A mañá seguinte, Martiño dá un pulo da cama e prepárase pra ir a escola, quería falar con Esther, a mestra.
Chegou moi cedo e tivo que esperar a hora do recreo.
Bos días Martiño! cal e o motivo da túa visita?
Esther estába preñada, non lla caía moito en gracia. Sempre foi unha rapaza moi estirada, pero non era de extrañar sendo filla de Antonio.
Antonio sempre foi pouco amigable.
Bos días Esther, quería falarche dunha biblioteca, sei que no centro non hai ningunha e a/os nena/os non len por non ter o qué.
Pensei que tí Igual podrías facer algo, non sei, falar con Carlos, por exemplo.
Unha biblioteca? Aquí? hahahaha. Martiño, non soñes que non estámos en Suiza.
Martiño serio e triste encamiñouse a saida. Antes ollou cara a ela dicindo.
Ten Bo día Esther, que todo che saia ben. Ahh e por certo, grazas a que moitos soñamos ti és mestra, nunca o olvides.
Continuará...
Sonia Melón

Cuarta parte

INQUEDANZAS DE SARA
Cuarta parte:
E, a escola, Sara? Gústache?
Sara baixou ó ollar e tardou en contestar
Regular.
Ahh, vale
Ante a contestación e incomodidade de Sara pola pregunta, Martiño non tocou máis o tema.
Seguiron coas piñas, cada ún acompañado polo seu silencio. Ó pouco chegaron Uxía e Xan, Xan viña asubiando, sempre que estaba ledo asubiaba.
Xa con eles, Xan díxolle a Martiño cal era a árbores había que botar abaixo e puxéronse os dous ao choio.
Uxía axudou a Sara coas piñas. A media mañá pararon para beber unha fecha de viño e comer unhas galletas, colleron ánimo e voltaron cada ún ao seu.
Sara e Uxía nun pulo tiñan tódoslos sacos cheos. Entre tódos cargaron o tractor e foron para á casa, era hora do xantar e Lúa estaría esperando.
Sara volveu con Martiño, Uxía e Xan foron a pé.
Cando Sara e Martiño estaban chegando xa Lúa os esperaba con ó portal aberto. Martiño entrou e entre él e máis Sara puxéronse a descargar. Cando chegaron Uxía e Xan xa case acabaran. Lúa tiña todo pronto, foi á bodega buscar o viño e chamou por ela/es. Hoxe vestía unha saia azul mariño recta ata a rodilla con dous petos grandes un a cada lado, que ela mesma fixo e lle acaía moi ben. Lúa ten unhas mans de ouro, dalle xeito a todo. Hoxe comían na sala e, á mesa estaba fermosa. O mantel de flores, baixela das festas e ás servilletas tamén feitas por Lúa bordadas a punto de cruz pola beira.
Á comida tamén era de festa, á Martiño relucíanlle os ollos de ledicia só con vela.
Sardiñas nas brasas con pan de millo de Uxía e pementos de Padrón.
Lingua de tenreira asada con pataquiñas pequenas enteiras e chícharos da horta. Para rematar, de sobremesa, leite fritida de Lúa que tanto lle gustaba a Martiño e que nunca outra así de boa comera. Cando remataron, Xan quería facer contas con Martiño, pero Martiño como sempre non quería cobrar ia por axudar, pero esta vez, Xan deulle algo para á gasolina do tractor, Martiño colleunos e foise todo contento. Foi á casa tomar un baño e marchou outra vez co tractor, esta vez non ia traballar, o tractor era o seu medio de transporte...
Continuará.
Sonia Melón Parente

Terceira parte

AS INQUEDANZAS DE SARA

Terceira parte:

Sara foi ao cuarto dun pulo coller a chaqueta, cando voltou  para a cociña, xa estaba alí Lúa.
Bos días miña rula.
Di a nai mentras lle daba unha aperta e moreas de bicos.
Bos días mai
Almorzache?
Si, xa estou pronta.
Moi ben pois, vas ir con eles ó monte, ti collerás piñas para ós sacos. Eu quedarei facendo o xantar e arrombando a casa.
Ainda Lúa non terminara de falar cando escoitan o tractor e, a Xán chamando por Sara.
Sara saiu escopetada para que o pai non tivera que repetir.
Sara, ti vas con Martiño no tractor, a avoa e máis eu xa imos andando.
Vale.
Martiño apaga o tractor e da os bos días a toda/os.
Bos días Martiño, tomas un café?
Di Lúa que saiu a porta.
Non Lúa, grazas, imos aló que o sol métese.
Baixa do tractor e carga todo o que tiña alí Uxía xa disposto, corda, sacos, machada, un caldeiro con un garrafón de viño e galletas das que teñen crema, as galletas das festas, só se comen nas festas, cando ven xente de fora ou nos aniversarios con viño doce, "Sansón".
Cargado o tractor, Martiño sobe dirixindose a Sara.
Imos pequerrecha, súbe.
Sentouna ao seu carón e marcharon.
Ó seu lado, íia correndo Tuti todo contento.
Cando eles subían un camiño con dificultade, Tuti adiantábaos e púñase no alto labrando e dando ao rabo animándos a seguir.
Unha vez no monte, Martiño, dispúxose a axudar a Sara. Collían piñas e conversaban.
A Martiño, gustáballe moito conversar con Sara, pra pouca idade que tiña, falaba con moita madurez.
El falaba máis con Sara que con xente da súa quinta, normalmente era observador e moi calado, so dícía o necesario.
Gústache ler, Sara?
Sara: non o sei.
Como que non sabes?
Pois non, o único que podo ler, e nos libros de texto da escola e non son meus, Breixo o da Chán, compárteos comigo.
Breixo era o seu mellor amigo.
O fillo de Breogán. E Breogán era concellal e a man dereita de Carlos o alcalde de "Ruanda"
Breixo era como Sara, fillo único, e moi humilde, para nada fachendana de ser fillo de quen era, é máis, amoláballe que o sinalaran por iso...

Continuará.

Segunda parte

AS INQUEDANZAS DE SARA
Segunda parte:
Sara, apurouse en almorzar, non vai a ser que veña o pai e se enfade, pra almorzar sempre usaba a mesma cunca, era onde bebía o viño seu avó, dende que el morreu, podía usala ela. A cunca estaba fanicada por canta esquina tiña, pero a Sara gustáballe moito. O almorzo era sempre o mesmo: A cunca de leite, unhas pingas de café a manchar e pan de trigo do día anterior. O leite era das súas vacas, tódalas mañás as muxía Lúa, a nai de Sara.
Terminou o almorzo, lavou a cunca e culler, cando escoita a Uxía berrar fora: ( aparta paspán!)
Entra enxeniada coa roupa enfariñada. A avoa Uxía era moi rabuda, sempre vestía de negro e, Sara preguntábase se sería ese o motivo de que sempre estivese tan seria. O can, sempre se deitaba na porta da casa e iso enfurecía a Uxía, que sempre andaba a correr. Tuti era moi boiño, con facerlle unha festiña e decirlle que aparte, xa liscaba para debaixo do canastro contento e dándolle o rabo. 
Sara, almorzaches?
Sí, avoa
Pois víste unha chaqueta, vai vir Martiño co tractor para ir ao monte.
Beeen, Sara xa está contenta, Martiño era un señor de idade, vivía só e a xente ríase dél, Sara non se explicaba porqué, a ela gustáballe moito, cando viña, sentaba con él no tractor e contáballe contos. Ademáis de que,co a súa presencia o seu pai estaba sempre máis contento, Martiño trasmitía paz...

Continuará

Primeira parte

Bosas noites a tod@s:
Fai uns días pedín que me dixérades verbas en Galego. Pois ben, en principio fíxeno coa idea de gardalas, pra ler e ver cantas e cantas fermosas temos e usamos, unha riqueza.
Cone díxome varias e despois tamén me díxo que esperaba que as usara e, aí o motivo de que eu escriba o que de aquí saia, culpabel? Cone Juan Morado hahaha .
Usarei moitas que non dixemos e seguramente algunha que dixemos quedará sen usar.
O que si quixen dende un principio e asegurarme que na historia salga o menos unha palabra de cada un/ha de vós. Espero que vós guste en que as usei e, moi agradecida estou!
Aquí deixo as que escollín de cada un/ha.
Manuel Vázquez: solpor, ceo da boca, Lúa, muxir, esmorga, filloa, cunca, colo do pé, faciana, Xan, Uxía e Martiño.
Maria Lozano Leal: moreas de bicos.
Maria Jesus Panadero Vera: apertas.
Tania Pérez Alfaya: canastro.
Sofía Alfaya Gómez: querer ben
Ana Alfaya: aloumiños
Teri García: arrecende
Yosu PD: fedello
Cone Juan Morado: ronsel, namorar, herba.
Monica Mera Amoedo: saudade
María Lourdes Melón Parente: golfiño
Mercedes Paz Caldas: riquiño
Ana Barcia: pexejiño
Cris Amoedo Garcia: pequerricha
Monica Valverde: bolboretas.
Lolilla Costas: rabuda
Marta Barros Duran: alecrín, Breogán e Breixo.
Carmen Lopez Cendan: churrusquiño.
Mary Carmen Hernandez: miña rula
Marta Alvariño: lembrar
Mayka Gonzalez: piolliño.
Luisiño Perez: meiga
Elena Garcia Antela: non me Amoles.
Mari Carmen Garcia Antela: pinota, escanillado.
Patri Puga Gómez: paspán
Maria Del Pilar Rodeiro: terriña
Raquel Faro Álvarez: choupighó
Pili Mendez Quintas: biquiños.
Jose Manuel Fernandez Lemos: papatorias, sardiñas, lareira, bágoas.
AS INQUEDANZAS DE SARA
Sara, é unha nena, criada na aldea. Ten 11anos, un baúl cheo de inquedanzas e cadernos con soños que nen se permite soñar.
As súas ganas de aprender, resúmense en espertar cada día, vendo o amencer po la fiestra do seu cuarto.
É feliz ao ver dos seus ollos e, ao que o seu corazón sente.
Non lle fai falla moito pra sorrir, pero a súa faciana semella sempre triste.
Os días de Sara, énchense no refuxio do seu interior, dos escritos, amenceres, arrecendo a herba recén cortada, o piar dos paxariños, o murmullo das augas do río, o son da choiva caer nos charcos, a compaña de Tuti, o seu can e moitas cousas máis.
Hoxe, a súa avoa Uxía, vai facer pan de millo, pero ela como sempre, non poderá ver como fai, non a deixan estar alí.
Escoita remexer na cociña e vai ver quen é.
Esperaba atopar a súa nai, pero estaba Xan, o seu pai. Con mal humor como case sempre e, pregunta:
Onde se meteu túa nai?
Non sei, acábome de erguer.
Pois almorza e, a ver si aparece, que hai moito que facer.
Coa mesma, dá media volta e sae da cociña zapateando a porta...
Continuará.