sábado, 30 de enero de 2021

A IMPORTANCIA

 A IMPORTANCIA


2° Día.


Os días pasaban, Candea seguia triste e sen alumear, só alumeaba en momentos concretos do día, onde deixaba de pensar que a súa luz non chegaba onde ela pretendía ou quería.

Nun deses momentos de máxima animación moral, a súa chama iluminou o lugar ata que puido ver a porta, estaba aberta, achegouse, con pouca decisión pero con moitas ganas e ilusión de ver que había do outro lado.


Seguimos? Seguirá...

Segue sen nome, pero xa ten padriño, noutro momento o nome sairá. Jeje

Feliz vida, que nunca vos falte a chama na candea...

 Sonia Melón Parente

A IMPORTANCIA

 A IMPORTANCIA


Estaba alí, a luz da candea con tan pouca chama, tan pouca que ata a chama de todas as outras non deixaban ver a súa existencia.

Ás veces ata ela mesma optaba por deixar de respirar ata que a chama se apagaba. Uns días quería brillar, brillar tanto que non lle importaba a luz que xa había no lugar, pero cando se sentía insignificante, tornaba apagarse. Un día, alguén entrou no lugar e foi collendo os candieiros que mellor alumeaban, cando chegou o rincón da candea pequena apartouna dunha patada. Alí, naquel cuarto oscuro quedou ela, soa, e... agora si que deixou de respirar. Non volveu acenderse do triste que estaba...


Esta historia vai continuar, a candea terá nome, e para saber o que lle vai pasar ou pasou, temos que esperar, irei escribindo sobre a marcha.


Sonia Melón Parente

O DESORDEN DE CLAUDINA

   O DESORDEN DE CLAUDINA

Continuación...

Bueno, como xa sabedes, Claudina é moi ordenada, inda que nada deixa no sitio.

O día que quería semear verzas tivo que semear millo, pois, no sitio da semente das verzas, estaban as chaves do canastro, ha ha ha.

Bueno, imos falar un pouco de Claudina.

Vive soa, decisión propia, as condicións que a vida lle puña pra compartir a súa vida, nunca lle convenceron. Non se arrepinte, e cando quere compaña convida algunha amiga ou algún amigo a merendar, fai unhas empanadas de cogomelos que sacan a respiración, o seu café é único, cando a cafeteira avisa o seu arrecendo chega o portelo, e as súas filloas, non comes máis por non sair a revolos senón non parabas.

Está xubilada, foi dependenta dunha libraría en Suíza. Agora vive en Ourense, a terra que a viu nacer, acomodou a casiña que lle deu a súa avóa materna, chamada Claudina coma ela. A casa non era moi grande pero si moi acolledora, aprobeitaba cada recuncho pra poñer un andel con libros, e as xanelas todas estaban pensadas pra aprobeitar a máxima luz do día. A que máis lle gustaba a Claudina era a da sala de estar, donde ela tiña unha cadeira pra ler, aparte tiña unhas vistas cara a Ribeira Sacra impresionantes, alí Claudina podía pasar as horas da súa vida e nada envexaba de ninguén. Tiña unha irmá, chamada Otilia, felizmente casada con Rogelio, na Cañiza, e dous sobriños, Ana e César, ós que Claudina adoraba. Sempre que a visitaban, Claudina disfrutaba dando paseos polo borde do río contándolles as súas vivencias en Suíza. César e Ana tamén adoraban a súa tía, a súa casa, o seu desorden, as vistas dende a xanela, as súas historias e as súas merendas, sempre rematadas coa lectura dalgún escrito que ela sempre lles tiña preparado cando viñan. César tiña sete anos e Ana cinco. Era Domingo e estaban felices, ían visitar a tía Claudina. Ana deseñáralle unha paisaxe con flores e un río a través, pra ofrecerlle o chegar e César, collera do xardín da mamá unha fermosa camelia vermella. Mentras Claudina tiña unha bica no forno e unha nova historia pra ler...

Continuará.

María Sonia Melón Parente