jueves, 14 de diciembre de 2017

Segunda parte

AS INQUEDANZAS DE SARA
Segunda parte:
Sara, apurouse en almorzar, non vai a ser que veña o pai e se enfade, pra almorzar sempre usaba a mesma cunca, era onde bebía o viño seu avó, dende que el morreu, podía usala ela. A cunca estaba fanicada por canta esquina tiña, pero a Sara gustáballe moito. O almorzo era sempre o mesmo: A cunca de leite, unhas pingas de café a manchar e pan de trigo do día anterior. O leite era das súas vacas, tódalas mañás as muxía Lúa, a nai de Sara.
Terminou o almorzo, lavou a cunca e culler, cando escoita a Uxía berrar fora: ( aparta paspán!)
Entra enxeniada coa roupa enfariñada. A avoa Uxía era moi rabuda, sempre vestía de negro e, Sara preguntábase se sería ese o motivo de que sempre estivese tan seria. O can, sempre se deitaba na porta da casa e iso enfurecía a Uxía, que sempre andaba a correr. Tuti era moi boiño, con facerlle unha festiña e decirlle que aparte, xa liscaba para debaixo do canastro contento e dándolle o rabo. 
Sara, almorzaches?
Sí, avoa
Pois víste unha chaqueta, vai vir Martiño co tractor para ir ao monte.
Beeen, Sara xa está contenta, Martiño era un señor de idade, vivía só e a xente ríase dél, Sara non se explicaba porqué, a ela gustáballe moito, cando viña, sentaba con él no tractor e contáballe contos. Ademáis de que,co a súa presencia o seu pai estaba sempre máis contento, Martiño trasmitía paz...

Continuará

No hay comentarios:

Publicar un comentario