A IMPORTANCIA
Día número oito.
Cone xa se sentía máis afouto ao saber que Felix os acompañaría.
Puxo o ollar en Carmen e Luis, Luis seguía coa teima de que era de tolos voltar a ese sitio, pero Carmen ao final mudou de idea, indo de día atrevíase.
Ana ollou pra Luis, con cariña de pena e ollar compasivo.
Veña Lu...so quedas tí, anímate, imos xuntos non pasará nada.
Fíxose silencio e Luis sentíuse intimidado polos ollares de súplica dos seus compañeiros, finalmente moi a contra da súa vontade cedeu e alá se encamiñaron a casa do Pejo.
Mentras; no cuarto de Cone, Candeíña lía no cuaderno.
Mira que escribe ben o tipo (dícese pra os seus adentros mentrás le) debería publicar, teño lido libros que con moito menos ata obteñen premios, e logo saen nese rectángulo que eles cháman televisor. Teño que facer algo pra animalo (colleu o lápis da cesta e pasou a última folla escrita.
Falade máis baixo, non sabemos con qué imos atoparnos, decía Cone cando estaban xa no eido do Pejo. Ia diante e foi o primeiro en enmudecer...fixo aceno os seus compañeiros pra que se achegasen, e toda/os viron o acontecido.
A casa era grande, toda de pedra traballada, dentro era madeira, tiña dous andares e unhas fermosas escaleiras das que Cone estaba prendido, todo se desprendera e quedara nun monte de lixo, un silencio abafante pesou no lumbral da casa.
Foi Luis o que rompeu o silencio.
O estrondo daquela noite era isto.
Menos mal que non nos pillou dentro (dixo Ana).
Sairon cara o camiño e sentaron a carón do muiño, cada quén, máis apenada/o.
Aquí non pintamos nada (dixo Carlos) vamos a praza botar unhas canicas.
Unha vez no seu cuarto, Cone tira a mala nunha esquina e senta no escritorio con intención de escribir sobre o longo día pasado. A súa faciana non saia do asombro cando na última folla escrita le: publica o que escribes, publica o que escribes, escribe, escribe, escribe, publica...
Pecha o caderno e torna abrir, pensando que o cansancio lle estaba xogando un mal momento, pero non, segue lendo o mesmo, toda unha folla con: publica o que escribes etc non atopaba explicación, non se explicaba quen podería escribilo, no seu cuarto so entraba súa nai, e ela non foi, seguro, xa non tiña cabeza pra escribir, pechou o caderno e meteuse na cama...