martes, 26 de diciembre de 2017

Sexta parte

        AS INQUEDANZAS DE SARA

SESTA PARTE.

Martiño saiu da escola triste e bastante desanimado.
Esther fÍxolle lembrar a Antonio o paspón do pai, que cando eran rapaces e ían a escola, xa se daba aires de riqueza e creíase máis que os demais.
Tamén se lembrou de Sara, normal que a rapaza non falese da escola con máis entusiasmo.
Martiño baixou as escadas e atopou a Sara, estaba comendo o bocadillo sentada no banco de madeira que había na entrada.
Bos días, Sara, bo proveito.
Bos días, Martiño, grazas, ti pola escola?
Viñen falar coa mestra dun asunto, agora marcho que teño que marchar.
Cando Martiño chegou ao tractor, atopouno rodeado de rapaces con cara de curiosidade.
Deulle os bos días e marchou rumbo a casa, cabilando como podería facer. pasou a semana e Martiño ainda non falara con ninguen.
Era domingo, Martiño tomou baño, afeitouse, puxo a mellor camisa que tiña. Hoxe estaba convidado a comer na casa de Sara.
Cando chegou so viu a Lúa e a Sara, Xan e Uxía non tardarían en chegar.
Bos días Lúa, bos días Sara.
Bos días Martiño, dixeron as dúas ao unísono. Con un sorriso e cheas de ledicia, a presenza de Martiño sempre era agradable.
Convidarono a pasar e xa dentro deulle a Sara un paquete que traía.
Toma, Sara isto é pra ti, espero que che guste.
Pra mín? porqué?
Porque sí, é un cariño.
Grazas Martiño, non tiñas porqué traer nada, dixo Lúa
Eu sei, mais quería, nada muller, e só un pequeno detalle.
Sara xa non aguantaba máis as ganas de abrir ó paquete, pero antes preguntou:
E esta bolboreta? pintáchela ti?
Si claro, pinteina eu.
Grazas Martiño e fermosa.
Dicía Sara mentres abria ó paquete.
Un libro!! mái e un libro!! un libro!!! berraba Sara emocionada cos ollos cheos de bágoas de emoción ao mesmo tempo que se colgaba no Martiño para darlle unha aperta que case o deixa sen aire. Dando un pincho colleu o papel e o libro e subiu correndo ao seu cuarto.
Continuará...


     Sonia Melón Parente




jueves, 14 de diciembre de 2017

Quinta parte

AS INQUEDANZAS DE SARA

Martiño, chegou a Mondariz e deixou o trator no largo da plaza. Ia visitar a Maria Hortensia López López, a librería, e de paso mercar un libro.
Boas tardes, Hortensia: quería un libro para unha rapaza de 11anos, dame un que ti vexas, fíome do teu criterio.
Boas tardes, Martiño.
DÍxo Hortensia remexendo nos andeis.
Éste, con éste seguro que acertas e, se o ten repetido ou non lle gusta cámbiase.
Gustar non sei, pero ter non o ten seguro.
Martiño pagou o libro co diñeiro de Xan e ainda lle sobrou.
Marchou para á casa e colleu un bocado de papel dun saco de fariña, os sacos estaban compostos por tres capas, él colleu un bocado dun do medio con él embalou o libro e, diseñou unha fermosa bolboreta de cores, antes puxera unha dedicatoria no reverso dunha das tapas.
Por certo sabía que a elección de Hortensia non o defraudaría e así foi.
( El Principito) a él gustáballe moito e, case seguro que a Sara tamén.
Sara axudou a Lúa recoller a cociña, e como cada tarde foi con Breixo o pastizal coas ovellas.
Sempre na compaña de Tuti.
Ese momento do día, gustáballe moito, a conversa de Breixo era moi amena e Sara non se sentía diferente.
A mañá seguinte, Martiño dá un pulo da cama e prepárase pra ir a escola, quería falar con Esther, a mestra.
Chegou moi cedo e tivo que esperar a hora do recreo.
Bos días Martiño! cal e o motivo da túa visita?
Esther estába preñada, non lla caía moito en gracia. Sempre foi unha rapaza moi estirada, pero non era de extrañar sendo filla de Antonio.
Antonio sempre foi pouco amigable.
Bos días Esther, quería falarche dunha biblioteca, sei que no centro non hai ningunha e a/os nena/os non len por non ter o qué.
Pensei que tí Igual podrías facer algo, non sei, falar con Carlos, por exemplo.
Unha biblioteca? Aquí? hahahaha. Martiño, non soñes que non estámos en Suiza.
Martiño serio e triste encamiñouse a saida. Antes ollou cara a ela dicindo.
Ten Bo día Esther, que todo che saia ben. Ahh e por certo, grazas a que moitos soñamos ti és mestra, nunca o olvides.
Continuará...
Sonia Melón

Cuarta parte

INQUEDANZAS DE SARA
Cuarta parte:
E, a escola, Sara? Gústache?
Sara baixou ó ollar e tardou en contestar
Regular.
Ahh, vale
Ante a contestación e incomodidade de Sara pola pregunta, Martiño non tocou máis o tema.
Seguiron coas piñas, cada ún acompañado polo seu silencio. Ó pouco chegaron Uxía e Xan, Xan viña asubiando, sempre que estaba ledo asubiaba.
Xa con eles, Xan díxolle a Martiño cal era a árbores había que botar abaixo e puxéronse os dous ao choio.
Uxía axudou a Sara coas piñas. A media mañá pararon para beber unha fecha de viño e comer unhas galletas, colleron ánimo e voltaron cada ún ao seu.
Sara e Uxía nun pulo tiñan tódoslos sacos cheos. Entre tódos cargaron o tractor e foron para á casa, era hora do xantar e Lúa estaría esperando.
Sara volveu con Martiño, Uxía e Xan foron a pé.
Cando Sara e Martiño estaban chegando xa Lúa os esperaba con ó portal aberto. Martiño entrou e entre él e máis Sara puxéronse a descargar. Cando chegaron Uxía e Xan xa case acabaran. Lúa tiña todo pronto, foi á bodega buscar o viño e chamou por ela/es. Hoxe vestía unha saia azul mariño recta ata a rodilla con dous petos grandes un a cada lado, que ela mesma fixo e lle acaía moi ben. Lúa ten unhas mans de ouro, dalle xeito a todo. Hoxe comían na sala e, á mesa estaba fermosa. O mantel de flores, baixela das festas e ás servilletas tamén feitas por Lúa bordadas a punto de cruz pola beira.
Á comida tamén era de festa, á Martiño relucíanlle os ollos de ledicia só con vela.
Sardiñas nas brasas con pan de millo de Uxía e pementos de Padrón.
Lingua de tenreira asada con pataquiñas pequenas enteiras e chícharos da horta. Para rematar, de sobremesa, leite fritida de Lúa que tanto lle gustaba a Martiño e que nunca outra así de boa comera. Cando remataron, Xan quería facer contas con Martiño, pero Martiño como sempre non quería cobrar ia por axudar, pero esta vez, Xan deulle algo para á gasolina do tractor, Martiño colleunos e foise todo contento. Foi á casa tomar un baño e marchou outra vez co tractor, esta vez non ia traballar, o tractor era o seu medio de transporte...
Continuará.
Sonia Melón Parente

Terceira parte

AS INQUEDANZAS DE SARA

Terceira parte:

Sara foi ao cuarto dun pulo coller a chaqueta, cando voltou  para a cociña, xa estaba alí Lúa.
Bos días miña rula.
Di a nai mentras lle daba unha aperta e moreas de bicos.
Bos días mai
Almorzache?
Si, xa estou pronta.
Moi ben pois, vas ir con eles ó monte, ti collerás piñas para ós sacos. Eu quedarei facendo o xantar e arrombando a casa.
Ainda Lúa non terminara de falar cando escoitan o tractor e, a Xán chamando por Sara.
Sara saiu escopetada para que o pai non tivera que repetir.
Sara, ti vas con Martiño no tractor, a avoa e máis eu xa imos andando.
Vale.
Martiño apaga o tractor e da os bos días a toda/os.
Bos días Martiño, tomas un café?
Di Lúa que saiu a porta.
Non Lúa, grazas, imos aló que o sol métese.
Baixa do tractor e carga todo o que tiña alí Uxía xa disposto, corda, sacos, machada, un caldeiro con un garrafón de viño e galletas das que teñen crema, as galletas das festas, só se comen nas festas, cando ven xente de fora ou nos aniversarios con viño doce, "Sansón".
Cargado o tractor, Martiño sobe dirixindose a Sara.
Imos pequerrecha, súbe.
Sentouna ao seu carón e marcharon.
Ó seu lado, íia correndo Tuti todo contento.
Cando eles subían un camiño con dificultade, Tuti adiantábaos e púñase no alto labrando e dando ao rabo animándos a seguir.
Unha vez no monte, Martiño, dispúxose a axudar a Sara. Collían piñas e conversaban.
A Martiño, gustáballe moito conversar con Sara, pra pouca idade que tiña, falaba con moita madurez.
El falaba máis con Sara que con xente da súa quinta, normalmente era observador e moi calado, so dícía o necesario.
Gústache ler, Sara?
Sara: non o sei.
Como que non sabes?
Pois non, o único que podo ler, e nos libros de texto da escola e non son meus, Breixo o da Chán, compárteos comigo.
Breixo era o seu mellor amigo.
O fillo de Breogán. E Breogán era concellal e a man dereita de Carlos o alcalde de "Ruanda"
Breixo era como Sara, fillo único, e moi humilde, para nada fachendana de ser fillo de quen era, é máis, amoláballe que o sinalaran por iso...

Continuará.

Segunda parte

AS INQUEDANZAS DE SARA
Segunda parte:
Sara, apurouse en almorzar, non vai a ser que veña o pai e se enfade, pra almorzar sempre usaba a mesma cunca, era onde bebía o viño seu avó, dende que el morreu, podía usala ela. A cunca estaba fanicada por canta esquina tiña, pero a Sara gustáballe moito. O almorzo era sempre o mesmo: A cunca de leite, unhas pingas de café a manchar e pan de trigo do día anterior. O leite era das súas vacas, tódalas mañás as muxía Lúa, a nai de Sara.
Terminou o almorzo, lavou a cunca e culler, cando escoita a Uxía berrar fora: ( aparta paspán!)
Entra enxeniada coa roupa enfariñada. A avoa Uxía era moi rabuda, sempre vestía de negro e, Sara preguntábase se sería ese o motivo de que sempre estivese tan seria. O can, sempre se deitaba na porta da casa e iso enfurecía a Uxía, que sempre andaba a correr. Tuti era moi boiño, con facerlle unha festiña e decirlle que aparte, xa liscaba para debaixo do canastro contento e dándolle o rabo. 
Sara, almorzaches?
Sí, avoa
Pois víste unha chaqueta, vai vir Martiño co tractor para ir ao monte.
Beeen, Sara xa está contenta, Martiño era un señor de idade, vivía só e a xente ríase dél, Sara non se explicaba porqué, a ela gustáballe moito, cando viña, sentaba con él no tractor e contáballe contos. Ademáis de que,co a súa presencia o seu pai estaba sempre máis contento, Martiño trasmitía paz...

Continuará

Primeira parte

Bosas noites a tod@s:
Fai uns días pedín que me dixérades verbas en Galego. Pois ben, en principio fíxeno coa idea de gardalas, pra ler e ver cantas e cantas fermosas temos e usamos, unha riqueza.
Cone díxome varias e despois tamén me díxo que esperaba que as usara e, aí o motivo de que eu escriba o que de aquí saia, culpabel? Cone Juan Morado hahaha .
Usarei moitas que non dixemos e seguramente algunha que dixemos quedará sen usar.
O que si quixen dende un principio e asegurarme que na historia salga o menos unha palabra de cada un/ha de vós. Espero que vós guste en que as usei e, moi agradecida estou!
Aquí deixo as que escollín de cada un/ha.
Manuel Vázquez: solpor, ceo da boca, Lúa, muxir, esmorga, filloa, cunca, colo do pé, faciana, Xan, Uxía e Martiño.
Maria Lozano Leal: moreas de bicos.
Maria Jesus Panadero Vera: apertas.
Tania Pérez Alfaya: canastro.
Sofía Alfaya Gómez: querer ben
Ana Alfaya: aloumiños
Teri García: arrecende
Yosu PD: fedello
Cone Juan Morado: ronsel, namorar, herba.
Monica Mera Amoedo: saudade
María Lourdes Melón Parente: golfiño
Mercedes Paz Caldas: riquiño
Ana Barcia: pexejiño
Cris Amoedo Garcia: pequerricha
Monica Valverde: bolboretas.
Lolilla Costas: rabuda
Marta Barros Duran: alecrín, Breogán e Breixo.
Carmen Lopez Cendan: churrusquiño.
Mary Carmen Hernandez: miña rula
Marta Alvariño: lembrar
Mayka Gonzalez: piolliño.
Luisiño Perez: meiga
Elena Garcia Antela: non me Amoles.
Mari Carmen Garcia Antela: pinota, escanillado.
Patri Puga Gómez: paspán
Maria Del Pilar Rodeiro: terriña
Raquel Faro Álvarez: choupighó
Pili Mendez Quintas: biquiños.
Jose Manuel Fernandez Lemos: papatorias, sardiñas, lareira, bágoas.
AS INQUEDANZAS DE SARA
Sara, é unha nena, criada na aldea. Ten 11anos, un baúl cheo de inquedanzas e cadernos con soños que nen se permite soñar.
As súas ganas de aprender, resúmense en espertar cada día, vendo o amencer po la fiestra do seu cuarto.
É feliz ao ver dos seus ollos e, ao que o seu corazón sente.
Non lle fai falla moito pra sorrir, pero a súa faciana semella sempre triste.
Os días de Sara, énchense no refuxio do seu interior, dos escritos, amenceres, arrecendo a herba recén cortada, o piar dos paxariños, o murmullo das augas do río, o son da choiva caer nos charcos, a compaña de Tuti, o seu can e moitas cousas máis.
Hoxe, a súa avoa Uxía, vai facer pan de millo, pero ela como sempre, non poderá ver como fai, non a deixan estar alí.
Escoita remexer na cociña e vai ver quen é.
Esperaba atopar a súa nai, pero estaba Xan, o seu pai. Con mal humor como case sempre e, pregunta:
Onde se meteu túa nai?
Non sei, acábome de erguer.
Pois almorza e, a ver si aparece, que hai moito que facer.
Coa mesma, dá media volta e sae da cociña zapateando a porta...
Continuará.