jueves, 1 de febrero de 2018

Séptima parte

    INQUEDANZAS DE  SARA

O NOVO MESTRE

Sara subiu ao seu cuarto, puxo fecha no papel do envoltorio e gardouno con moito xeito no seu baúl.
Despois ía gardar o libro pero, deulle por abrilo, e no reverso da tapa, atopou o escrito de Martiño:

Querida Sara, espero que este libro sexa o primeiro de moitos que poidas ter. Que nunca se deteñan as túas ganas e ansia por ler. Desexo que os teus soños se cumpran e sempre haxa en ti inquedanzas para seguir viva, Con moito cariño, Martiño.

Cando Sara terminou de ler, as bágoas percorrían a súa faciana.
Xa recuperada de tanta emoción, baixou para comer, xa chegaran Xan e Uxía.
A comida como sempre, estaba boísima, pero só Martiño foi quen de felicitar a Lúa. 
Cando remataron, quedaron falando durante a sobremesa e mentres, Sara foi ao souto brincar con Breixo, que alí a esperaba, como facían tódolos domingos.
Breixo xa chegara e estaba sentado no penedo, un penedo gastado con forma de tobogán polo que ela/es escorregaban e sentaban a soñar.
Sara, sen mediar palabra, sentou ao seu carón e comezaron a soñar espertos.

Sara, que che gustaría facer cando sexas maior?
Uff, tantas cousas, Breixo, poder viaxar moito, iso sí o teño seguro.
A onde?
A tódolos sitios posibles, cantos máis mellor.
Pois, a min, tamén me gustaría e, gustaríame ir contigo si a ti non che incomoda.
Como me ía incomodar? claro que iremos xuntos. Ademáis, és o meu mellor amigo.

Breixo quedou calado e pensativo. Para él Sara non era só a mellor amiga, era algo máis, pero non se atrevía a dicir nada, polo menos de momento. A amizade de Sara era moi importante para él e non quería estragar iso, polo que tiña medo a dicirllo e que as cousas entre eles cambiasen.

Breixo, segues aquí? ou marchache?
Que foi, Sara?
Nada, quedache mudo.
Pensando, nada importante. Entón, iremos xuntos de viaxe?
Feito! respondeu Sara.

Chocaron a mán, pra que a súa promesa tivera valor, como sempre facían.
É luns, pero hoxe non é un luns calquera, hoxe hai cambio na escola. Soa o timbre e entran tóda/os ao montón. Cando chegan a aula estaba un home, un home alto, con cara sorrinte e un ollar pacífico.
Bos días, rapaces e rapazas, son Manuel, o voso mestre apartires de hoxe. Esther, a vosa mestra, vai dar a luz en poucos días e ausentarase unha temporada.

Seguirá.

                                                                     Sonia Melón