A IMPORTANCIA
Día número oito.
Cone xa se sentía máis afouto ao saber que Felix os acompañaría.
Puxo o ollar en Carmen e Luis, Luis seguía coa teima de que era de tolos voltar a ese sitio, pero Carmen ao final mudou de idea, indo de día atrevíase.
Ana ollou pra Luis, con cariña de pena e ollar compasivo.
Veña Lu...so quedas tí, anímate, imos xuntos non pasará nada.
Fíxose silencio e Luis sentíuse intimidado polos ollares de súplica dos seus compañeiros, finalmente moi a contra da súa vontade cedeu e alá se encamiñaron a casa do Pejo.
Mentras; no cuarto de Cone, Candeíña lía no cuaderno.
Mira que escribe ben o tipo (dícese pra os seus adentros mentrás le) debería publicar, teño lido libros que con moito menos ata obteñen premios, e logo saen nese rectángulo que eles cháman televisor. Teño que facer algo pra animalo (colleu o lápis da cesta e pasou a última folla escrita.
Falade máis baixo, non sabemos con qué imos atoparnos, decía Cone cando estaban xa no eido do Pejo. Ia diante e foi o primeiro en enmudecer...fixo aceno os seus compañeiros pra que se achegasen, e toda/os viron o acontecido.
A casa era grande, toda de pedra traballada, dentro era madeira, tiña dous andares e unhas fermosas escaleiras das que Cone estaba prendido, todo se desprendera e quedara nun monte de lixo, un silencio abafante pesou no lumbral da casa.
Foi Luis o que rompeu o silencio.
O estrondo daquela noite era isto.
Menos mal que non nos pillou dentro (dixo Ana).
Sairon cara o camiño e sentaron a carón do muiño, cada quén, máis apenada/o.
Aquí non pintamos nada (dixo Carlos) vamos a praza botar unhas canicas.
Unha vez no seu cuarto, Cone tira a mala nunha esquina e senta no escritorio con intención de escribir sobre o longo día pasado. A súa faciana non saia do asombro cando na última folla escrita le: publica o que escribes, publica o que escribes, escribe, escribe, escribe, publica...
Pecha o caderno e torna abrir, pensando que o cansancio lle estaba xogando un mal momento, pero non, segue lendo o mesmo, toda unha folla con: publica o que escribes etc non atopaba explicación, non se explicaba quen podería escribilo, no seu cuarto so entraba súa nai, e ela non foi, seguro, xa non tiña cabeza pra escribir, pechou o caderno e meteuse na cama...
Unha historia moi ben contada, un tanto misteriosa que me ten en suspense xa que non lembro ben do comezo e ata que nos deixes o próximo capítulo xa non vou lembrarme deste. Dinos onde a gardas para poder votarlle un vistaciño. No blog?
ResponderEliminarVai camiño de novela!
Encantoume ter tanto que lerche. Unha aperta!
Ves cómo ando? Non me decatei que estaba no teu blog. Pensaba que era no Facebook onde che estaba comentando.
ResponderEliminarAsí xa vou ao comezo.:)
Hai un enigma nesta historia, que irá clarexando no futuro. Hai tamén un desexo, que se fará realidade. De fondo, rixe unha amizade que está por riba de todo.
ResponderEliminarBom dia.
ResponderEliminarVim la do Blog da Bea
para conhecer a sua escrita.
Vou amar se visitar
o meu Espelhando
Bjins
CatiahoAlc.
Great article. Have A nice day
ResponderEliminarHola Sonia.
ResponderEliminarMe encantó esta historia y sus personajes imaginarios.
Creo que tu podrías hacer lo mismo seguir escribiendo. Te enriquecerse y sentirás que todo vuelve a fluir hacia ti, para mejor.
Esta historia a me encantó. Desconozco por que dejaste de escribir. Yo te veo con ganas de escribir un poemario o un libro de cuentos para niños.
Sigue. Sonia. Sólo es ponerse.
Escribe cada día algo nuevo. Yo me comprometo a seguirte.
Un abrazo, guapa.
Bonito, muito bonito isso aqui.
ResponderEliminarPena que já não escreve.
Um beijo e muito obrigado.