sábado, 30 de enero de 2021

O DESORDEN DE CLAUDINA

   O DESORDEN DE CLAUDINA

Continuación...

Bueno, como xa sabedes, Claudina é moi ordenada, inda que nada deixa no sitio.

O día que quería semear verzas tivo que semear millo, pois, no sitio da semente das verzas, estaban as chaves do canastro, ha ha ha.

Bueno, imos falar un pouco de Claudina.

Vive soa, decisión propia, as condicións que a vida lle puña pra compartir a súa vida, nunca lle convenceron. Non se arrepinte, e cando quere compaña convida algunha amiga ou algún amigo a merendar, fai unhas empanadas de cogomelos que sacan a respiración, o seu café é único, cando a cafeteira avisa o seu arrecendo chega o portelo, e as súas filloas, non comes máis por non sair a revolos senón non parabas.

Está xubilada, foi dependenta dunha libraría en Suíza. Agora vive en Ourense, a terra que a viu nacer, acomodou a casiña que lle deu a súa avóa materna, chamada Claudina coma ela. A casa non era moi grande pero si moi acolledora, aprobeitaba cada recuncho pra poñer un andel con libros, e as xanelas todas estaban pensadas pra aprobeitar a máxima luz do día. A que máis lle gustaba a Claudina era a da sala de estar, donde ela tiña unha cadeira pra ler, aparte tiña unhas vistas cara a Ribeira Sacra impresionantes, alí Claudina podía pasar as horas da súa vida e nada envexaba de ninguén. Tiña unha irmá, chamada Otilia, felizmente casada con Rogelio, na Cañiza, e dous sobriños, Ana e César, ós que Claudina adoraba. Sempre que a visitaban, Claudina disfrutaba dando paseos polo borde do río contándolles as súas vivencias en Suíza. César e Ana tamén adoraban a súa tía, a súa casa, o seu desorden, as vistas dende a xanela, as súas historias e as súas merendas, sempre rematadas coa lectura dalgún escrito que ela sempre lles tiña preparado cando viñan. César tiña sete anos e Ana cinco. Era Domingo e estaban felices, ían visitar a tía Claudina. Ana deseñáralle unha paisaxe con flores e un río a través, pra ofrecerlle o chegar e César, collera do xardín da mamá unha fermosa camelia vermella. Mentras Claudina tiña unha bica no forno e unha nova historia pra ler...

Continuará.

María Sonia Melón Parente






7 comentarios:

  1. Esa Clsudina lémbrame a alguén que coñezo. O mundo está cheo de Claudinas que atraen co seu engado e filosofía de vida tanto a maiores como a cativ@s. Haberá que ila seguindo e se un día imos pola Riveira Sacra ainda lle podemos probar as suas filloas ou poñernos xuntas a facelas! Qué ben que te animaras! Aperta. Pásate polo meu blog. Teño post novo.

    ResponderEliminar
  2. ...a liberdade de vivir só, mellor dito, de vivir cos propios pensamentos, cas lembranzas, cos soños, as músicas, os libros e todos os amenceres e os solpores, esa liberdade de Claudina, no orden que a acouga na Ribeira Sacra, ondeando no texto de Sonia

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Manuel, Sempre tan sentido no teu falar, graciñas polas túas verbas! Apertas

      Eliminar
  3. Que envexa me das, amiga Sonia. Eu, tamén quixera ter un blog coma o teu. É moi dificil montalo? Unha aperta.

    ResponderEliminar