domingo, 27 de octubre de 2019

Décima parte

  INQUEDANZAS DE SARA

Sara pasou o resto da tarde remexendo nos andeis de Martiño.
Non era doado decantarse, todos pedían ser collidos.
- Levo este Martiño, xa está.
- Moi ben Sara, agora queda disfrutalo... por certo, que tal o principiño?
- O principiño moi ben, pero ainda non rematei, seguro que remato hoxe así comezo este.
- Sara, nunca te apures lendo, disfruta a lectura.
Sara colleu ( A lagoa das nenas mudas de Fina casalderrey) e foi toda contenta pra casa.
Polo camiño pensaba en Martiño: ese home tiña algo especial, afable, solitario... Sara preguntáse porque non casaría...

Manuel, xa integrado na escola e no pobo traballaba cada día pra crear comodidade e ganas nos cativos.
Polas tardes quedaba ata tarde con Martiño pra poder converter unha aula chea de trastos en unha soñada biblioteca.
Martiño era moi mañoso e en pouco tempo acadaron o esperado.
Duas paredes cheas de andeis pra encher de soños e aventuras.
Manuel presentou a biblioteca os rapaces, alguns pasaron do tema porque o balón esperaba no patio, pero a maioría sorprendentemente puxeron interese.
Manuel trouxo algún libro que conseguiu

 falando con Carlos o Alcalde e Martiño cedeu varios tamén con moita ilusión.
O principio estaba en camiño, agora tocaba organizarse pra levala a diante.

Continuará

  María Sonia Melón Parente





5 comentarios:

  1. Soñar con libros, soñar nas bibliotecas, perderse nas páxinas, medrar por dentro. Fermosas inquedanzas, Sonia!.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Manuel, así é SARA!.
      Alégrame que che guste. Biquiños.

      Eliminar
  2. Grazas Manuel, así é SARA! Alégrame que che guste. Biquiños.

    ResponderEliminar
  3. Moi bó, Sonia, pero non continuóu! Veña, tes que retomar este blog. Sorprendíchesme moi positivamente. Ánimo. Tí podes! Biquiños

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas de novo, nesta historia é certo que estou parada, sei como continúa pero teño que poñerme, deixeina descansar un chisco...(chisco largo) jeje

      Eliminar